viernes, 11 de junio de 2021

CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS

 Seguindo coa campaña de captación de voluntarios e voluntarias para o XV EETG, onte deuse unha charla a alumnos de 1º de bacharelato do Colexio Internacional SEK Atlántico, en Pontvedra. Os alumnos e alumnas mostráronse moi receptivos á participación e son varios os que indicaron que se inscribirían. Comentouselles as áreas de colaboración nas que poden participar. Todos os voluntarios e voluntarias estarán protexidos por un seguro de accidentes e de responsabilidade civil e recibirán un diploma acreditativo da súa participación no evento.





No hay comentarios:

Publicar un comentario