lunes, 10 de mayo de 2021

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN COMA VOLUNTARIO NO XV EETG

 

 

Abriuse o prazo de inscricións de voluntarios para o XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se vai realizar en Moaña, entre os días 5 e 8 de agosto.

 

Unha das maneiras de gozar dende dentro do 15 EETG é coma persoa voluntaria. Dentro da organización dos Encontros de Embarcacións Tradicionais, o voluntariado é unha parte fundamental no bo desenvolvemente deste evento. Son varias as áreas a cobrir por parte das persoas voluntarias:

1.    Apoio loxístico na organización de eventos.

2.     Control de aforo e accesos.

3.     Medios audivisuais e novas tecnoloxías.

4.     Apoio ás tripulacións no mar.

5.     Apoio na loxísitica do comedor.

6.     Dinamización do espazo familiar.

7.     Atención e información ao público.

Sen o concurso destas persoas difícilmente podería levarse a cabo a organización dos Encontros.

 

Poderán inscribirse todas as persoas maiores de 16 anos. Os menores de idade deberán presentar a autorización dos seus país ou titores legais. Para inscribirse cómpre cumprimentar o formulario que pode atoparse na web de culturmar.org ou ben directamente en: https://15embarcacionstrad.info/


No hay comentarios:

Publicar un comentario