CAMPAMENTO DE VERÁN "NAVEGANDO EN EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS"
A Asociación Sueste comezou o
campamento de verán, patrocinado polo concellería de Mocidade do Concello de
Moaña. Os rapaces e rapazas navegarán en embarcacións tradicionais coñecendo,
de primeira man, como eran os barcos dos nosos pais e avós e as condicións de
traballo da época; navegarán pola enseada de Moaña onde recibirán as
explicacións por parte dos tripulantes das embarcacións das técnicas de
navegación, os tipos de velas e barcos, a nomenclatura das velas e
embarcacións. Este ano é a terceira edición deste campamento de verán que
presenta e organiza o concello de Moaña en colaboración coa Asociación Sueste
que se encarga de desenvolvelo. A actividade terá unha duración dunha semana,
de luns a venres, nun horario de 10,00 a 13,30 horas. Neste caso son 16 rapazas
e rapaces quen o realizarán, inscritos previamente na Casa da Mocidade do
concello, con idades comprendidas entre os 12 e 17 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario