Actividade "Novos usos para os nosos vellos barcos" organizada pola Asociación Sueste, co patrocinio da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, levaranse a cabo uns talleres dirixidos a moz@s de entre 16 e 35 anos os próximos Sábado 30 de setembro e sábado 7 de outubro, no estaleiro de Carlagho da Asociación Sueste, rúa Concepción Arenal 25, Moaña.
As actividades a realizar serán:
- Recoñecer as embarcacións tradicionais galegas.
- Coñecer una carpintaría de ribeira, por dentro.
- Aprender os nós máis necesarios nas embarcacións.
- Nocións teóricas de navegación.
- Obradoiro de maquetas (medios cascos).
Inscricións: asociacionsueste@gmail.com , indicando os teus datos: nome, idade, enderezo, teléfono contacto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario