domingo, 7 de agosto de 2016

Botadura do bote Domaio

Onte a tarde comezamos nosa semana de actividades coa botadura do bote Domaio. Este bote fora rescatado do fondo do mar en Xaneiro do 2008 despois de estar varios anos afundido, comezárase súa restauración nos campos de traballo dos anos 2008 e mais no 2009 continuándose despois de un parón nos cursos de carpintería. Exerceu de madriña a viúva do antigo propietario que foi quen no lo doou.

Oito anos e oito meses separan estas dúas imaxes.



Rebautizando o bote cun bo viño.


 Rampla e anguía do estaleiro de Calragho ameazadas polo paseo.


Alcaldesa e a Concelleira de Turismo a bordo do bote.


A Oleira e o Coruxo dos Mariñeiros de Bouzas asistiron a botadura.


Entrega de agasallos por parte do concello o carpinteiro e a viúva.


Unha pequena parte dos que participamos na restauración do bote.

No hay comentarios:

Publicar un comentario