sábado, 15 de agosto de 2015

XII Xuntanza de embarcacións tradicionais. Moaña 2015.



O sábado celebramos nosa XII Xuntanza de embarcacións tradicionais, Moaña 2015. Como colofón a unha semana chea de actividades . O sábado apareceu un dia verán con sol e vento frouxo pero a partir de media maña, como marcaba a previsión, o vento empezou a subir de intensidade ata converterse nun vento fresco do norte que incomodou bastante a navegación e incluso fixo que algún dos barcos non puideran chegar e outros chegaran para a hora da comida.
Contamos este ano con novos barcos chegados de distintos puntos da ria e incluso da ria de Pontevedra coma e o caso da dorna Habana con Anxo a cana.
A comida celebrouse no estaleiro de Casqueiro e xa pola tarde uns fóronse para seus portos e outros aproveitaron para ir ver a regata da liga ACT que se celebraba en Meira.


Os gameleiros collendo rizos xa en terra.



Buceta  A Fanequeira de Mariñeiros de Bouzas.


Dorna Habana de Amigos da Dorna de Portonovo.


Dorna Cunquinha da Asociación Remadoira



Gamela Gicha con seu singular aparello chegada dende Cangas.


Dorna Nai de nome Dorna 1 con base na praia de Area Longa de Chapela.


O galeonciño Casilda Uno, con Tino e os seus fillos de tripulantes acompañados de Gonzalo Riobó.


Gamela Diana con Lima a cana.


Imaxe da comida no estaleiro de Casqueiro.


Algúns dos participantes observando a evolución do paseo da Seara.


Parte dos barcos participantes na XII Xuntanza.


Anxo a cana da Habana.


Gamela Rula de Gameleiros Mar da Pedra


Bote da ria Mecon.


1 comentario:

  1. Os da gamela "Gicha" ... ¿"Innovasión" ou "Degenerasión"? Eu voto por pasa-los pola Quilla ;-) ¿Ti que opinas Lima?

    ResponderEliminar