jueves, 30 de julio de 2015

Tesouros Vivos do Mar de A Guarda

Dentro dos proxectos subvencionados polo GAC7 estaba este interesante proxecto presentado polo Concello de A Guarda,  que obtivo deste organismo parte do financiamento para a súa execución.

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! foi a encargada de realizar os traballos que se contemplaban no proxecto inicial. Tamén contou coa colaboración   da Confraría de Pescadores Sta. Tecla de A Guarda, a Asociación de Redeiras Atalaia do Baixo Miño e a Organización de Palangreiros de A Guarda.

Durante a execución do proxecto recolleron mais de 22 horas de testemuños en vídeo das xentes relacionadas co mar que final mente condensáronse neste interesante vídeo.

Para ver mais información sobre o proxecto. "Tesouros Vivos do Mar de A Guarda"

No hay comentarios:

Publicar un comentario