Invitados pola Agrupación Cultural Nós asistimos no salón de plenos do Concello a presentación do libro
Historia fotográfica de Moaña. Tomo I. Este libro e unha recompilación de fotos históricas de Moaña conta con 350 fotografías cedidas por mais de 250 veciños así como outras atopadas no Arquivo Pacheco e no da Autoridade Portuaria de Vigo. Será o primeiro de varios libro xa que Nós ten mais de 5000 fotos de Moaña recompiladas.
Xesús Cancelas, Xosé Villaverde e Manuel Méndez, de Nós
O acto contou cunha proxección dun audio visual, con explicacións dos integrantes de Nós sobre o contido das imaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario