domingo, 27 de octubre de 2013

XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu

Os pasados dias 16, 17 e mas 18 de Agosto asistimos o encontro de Bueu co galeón, o venres aproveitando que estabamos en Bueu fomos cenar xurelos a Aguete invitados polos amigos de Ronsel. Xa o sábado tocou navegar, este ano a carpa da festa do polbo con estaba colocada o carón da lonxa como de costume senón na zona das Lagoas. O domingo xa tocaba retirada xaimos co Eliseo  non para velear que non había nada de vento senón para dar un remolque a Capitana dos amigos de Ronsel que ían vogando cara Aguete. O Eliseo quedou amarrado en Bueu que o fin de semana seguinte tiñamos que ir a volta o mar en Sanxenxo.


Parece que estean esperando que alguén lles de a saída.

viernes, 11 de octubre de 2013

X Xuntanza de embarcacións tradicionais de Moaña

Un ano mais celebramos a nosa xuntanza, e xa van dez. Foi pasado 10 de Agosto, contou a participación dun bo numero de barcos chegados de todos os puntos da ria e algúns da ria veciña.
Como novidades tivemos a dorna de tope Reiboa e mais a Begoña que aínda que con moitos anos nas súas cadernas e a primeira vez que acuda a unha xuntanza, e unha dorna  atípica que mistura os dous tipos de construción, a tope coa  táboa de cubrir de escarba, aparellada con cangrexa e foque.
E  dia non deu para moito mais navegación pola maña comida no estaleiro coma de costume amenizada este ano polo son das gaitas e pola tarde unha pequena regata de todos contra todos.


A falta de vento foi norma  longo do dia.

jueves, 10 de octubre de 2013

X Xuntanza de embarcacións tradicionais - Presentación literaria.

O xoves 8 de agosto, continuando coas actividades, presentamos o libro de Anxo Angueira, Iria, publicado por Edicións Xerais de Galicia. 
Nesta novela nárrase a historia do último galeón a vela que surcou as augas do Ulla a finais dos anos 60 transportando todo tipo de mercadorías. Queríamos sinalar un dato significativo e que á vez nos enche de orgullo; nas páxinas desta novela aparece citado en dúas ocasións o galeón Eliseo, embarcación que, como sabedes, foi restaurada pola nosa asociación e segue surcando as aguas igual que o facía fai 100 anos, do cal nos sentimos moi orgullosos. 
Anxo Angueira disfrutou navegando con nós no Eliseo pola ría de Vigo nunha fermosa tarde de agosto; era a primeira vez que navegaba nun galeón. Pola noite el, coas súas palabras, levounos a navegar a nós no Iria polas augas do Ulla e da ría de Arousa.


Anxo Angueira levando a cana do Eliseo.

miércoles, 9 de octubre de 2013

X Xuntanza de embarcacións tradicionais - Intervención poética.


O mércores 7 de agosto asistimos no estaleiro de Carlagho a un impresionante acto poético e musical organizado pola Asociación Sueste dentro das actividade programadas no X Encontro de embarcacións tradicionais. Inaugurou o acto o noso presidente da asociación, Pablo Martínez.
O poeta moañés Daniel Costas, o coruñés Xosé Iglesias (o cal acompañou o recitado dun dos seus poemas co son dunha potente buguina) e a luguesa Mª José Fernández recitaron os seus poemas e os de outros autores galegos nos que estaba presente o mar. A poesía estivo acompañada da música; o dúo 2nafronteira foi o encargado de emocionarnos coas súas versións musicadas de poetas galegos como Rosalía de Castro.
O mar de Vigo estivo presente en todo momento como fermoso fondo do escenario.

lunes, 23 de septiembre de 2013

X Xuntanza de embarcacións tradicionais. Portas Abertas no estaleiro de Carlagho

Tras as vacacións de verán a blog volve a actividade para contar todo o que fixemos neste algo mais dun mes que leva parado.
Como ven sedo habitual nos últimos anos coincidindo coa celebración de nosa xuntanza, durante a semana previa facemos unhas xornadas de portas abertas o estaleiro. Co fin principal de darnos a coñecer un pouco mais e que a xente poida ollar a labor que facemos durante todo o ano.



domingo, 11 de agosto de 2013

Sueste na prensa

Noticias aparecidas noFaro de Vigo sobre a celebración de nosa X Xuntanza de embarcacións tradicionais.

Faro de Vigo-El décimo Encontro de Embarcacións Tradicionais reúne este año 20 naves.

Faro de Vigo-Una quincena de naves tradicionales surcan la ría en una ruta sin viento.



Algunas de las embarcaciones en la ruta de la mañana. // Santos Álvarez

jueves, 8 de agosto de 2013

Presentación literaria

Esta tarde as nove terá lugar no estaleiro de Carlagho a presentación por parte de Anxo Angueira do seu libro "Iria".


Recordade tamén que a partires das sete teremos unha nova xornada de portas abertas no estaleiro.