Estes días temos o Eliseo varado diante do estaleiro para facerlle algún pequeno arranxo e retocar a pintura.
viernes, 6 de abril de 2012
miércoles, 2 de noviembre de 2011
Temporal na ria
Un forte temporal de vento e mar que se levantou a media mañá esnaquizou o bote que nos doaran hai uns días, as dúas péquenas chalanas que usamos de auxiliares resistiron mellor a forza do mar por estar amarradas a un morto e non a un rizón coma o bote, pero aínda así acabaron afundidas pola forza do mar.
O outro bote amarrado o noso carón saía mellor parado xa que a pesar de fallar tamén o seu fondeo só sufriu danos menores por atoparse nunha zona máis protexida.
Nun principio parece que os grandes danos sufridos van facer difícil a súa recuperación.
martes, 25 de octubre de 2011
Bote de Cesantes
Hai uns días mandáronnos recado ir a buscar un bote de Cesantes que se atopa na enseada do Con. Levábamos algúns anos detrás deste bote pero pedían un prezo moi elevado por el, aínda que pertencía a un mariñeiro o bote levaba algúns anos fondeado sen uso polo cal estaba algo deteriorado.
Nunha primeira inspección miramos que o temporal de fai uns dias arrincoulle parte do espello, polo cal ante o perigo de que se afundira decidiron doalo a asociación.
Nunha primeira inspección miramos que o temporal de fai uns dias arrincoulle parte do espello, polo cal ante o perigo de que se afundira decidiron doalo a asociación.
martes, 11 de octubre de 2011
Reparación da verga
Sen perder tempo hoxe fixemos reparación da verga, o primeiro buscar un pau axeitado para empalmarlle ( un pau que Manolo tiña a secar para o seu bote foi a medida). Despois facerlles un chaflan de case un metro e por ultimo colalos para mañá repasar todo, intentando que este lista para a fin de semana que hai unha saída prevista cos socios.
lunes, 10 de octubre de 2011
Rotura da verga
Hoxe pola tarde aproveitando que sopraba unha brisa do norte e o bo día que estaba, saímos a navegar co Eliseo.
Cando xa viñamos de regreso, o vento foi subindo de forza, estando altura da praia de Limens os fortes refachos ían cada vez a mais polo que decidimos coller dous rizos a vela maior.
Xa co vela de novo arriba a navegación foise moito mais tranquila, apenas 15 minutos despois un forte refacho de vento seguido do ruído de tronzar da madeira fixo que todos levantaramos a vista para mirar a verga en dous cachos.

sábado, 8 de octubre de 2011
Naufraxio do Centoleira
O naufraxio do Centoleira, ocorrido o 5 de xaneiro de 1964, volveu tinguir de negro a vila de Moaña, neste enlace pódese ampliar a información, http://www.delmorrazo.com/tribuna/naufraxio-do-centoleira.html.
martes, 30 de agosto de 2011
XVI Concentración de Embarcacións Tradicionais en Combarro
Estivemos este fin de semana en Combarro participando na súa XVI edición, cunha boa organización coma nos teñen acostumados tanto en terra coma no mar. Foi unha fin de semana chea de actividades, festa e sobre de todo navegacións.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)