lunes, 23 de noviembre de 2015

A Moaña rural


Artigo aparecido na Voz de Galicia escrito por Xosé Carlos Villaverde Román , membro da Agrupación Cultural Nós, no que fala do antigo concello de Moaña un pobo agrícola que pouco a pouco vai virando cara o mar. 

O actual concello cumprirá 179 anos o próximo 30 de Novembro

XOSÉ CARLOS VILLAVERDE ROMÁN  Moaña / La Voz, 23 de noviembre de 2015

José María dos Piñeiros nos anos 50 do pasado século.
Das varias fotografías sobre o rural moañés que posúe a Agrupación Cultural Nós, decantámonos por esta imaxe dos anos 50 do pasado século, con José María dos Piñeiros, co carro de bois a rebosar de achas feitas dos troncos de madeira. E decidímonos por esta extraordinaria foto, porque transfire perfectamente o paso da dura vida do campo, traballando con machados e serras de aire, que en poucas décadas serían substituídas polas motoserras, tractores con grúas, etc.

Insistimos no de rural porque o actual concello de Moaña, o próximo día 30 de novembro, cumprirá 179 anos de existencia e foi formado, con capital en Meira ata 1874, polo axuntamento das catro actuais parroquias que mantiñan ese tipo de estruturas campestres. Quere dicir isto que o núcleo urbano que forman o Con-Praia-Seara-Quintela, é practicamente recente, pois a finais do século XIX apenas contaba con vivendas; de feito no censo de 1860 non aparece o barrio da Praia, si o da Martinga con 18 casas e a A Seara con 24. A raíz da chegada da arte da traíña a partir de 1898 e a aposta dos pequenos armadores moañeses por esta innovación, provocou un desenvolvento lento pero crecente da beiramar. Por iso non é de estrañar que Moaña careza de casco histórico. Pois, ata entón, os pequenos núcleos poboacionais estaban afastados da costa como Verducedo, Couso, Verdeal, Abelendo ou Vilela.

Ata a chegada da traíña, como dicíamos, a economía doméstica nas parroquias moañesas estaba baseada no traballo agropecuario, en tanto que a pesca era un complemento a esa economía de subsistencia. Do resultante dos pagos en especie dos foros, subforos, rendas ou décimos, apenas quedaban froitos do campo e gando para manter a casa labrega. Pero coa proliferación das fábricas de conserva na Ría de Vigo a finais do século XIX, a pesca transformou considerablemente o hábitat dos pobos ribeireños, e trouxo consigo un aumento de mariñeiros asalariados.

Boa proba do comentado anteriormente atopámolo no censo de 1904. Tomamos este ano como referencia porque é onde mellor quedou consolidado o asentamento das traiñeiras nas praias moañesas. Antes de barallar os números convén aclarar que neses censos antigos predominaba o cabeza de familia, xeralmentes eran homes que tiñan ao seu cargo o resto da familia como fillos, xenros e noras sen emancipar e tamén afillados orfos e criados. Estes dirixentes familiares en Moaña coñecíanse co sobrenome de petrucios, aos que tamén pertencían as viúvas con mando sobre o resto da familia.

O total de cabezas de familia censadas en Moaña en 1904 era de 1.476 (equivale a 6.368 habitantes). Deses 1.476, andaban ao mar 405, en tanto que no campo traballaban 883 donos das casas, sen contar os cónxuxes e fillos que axudaban nas faenas agropecuarias.
Se desglosamos por parroquias estas cifras, temos en Domaio 188 labregos por 43 mariñeiros, en Meira 175 e 60, en Moaña 471 e 207 e en Tirán 49 e 95 de cabezas de familia respectivamente de labregos e mariñeiros.

Vemos, pois, como as parroquias de Moaña e Tirán eran as que máis mariñeiros tiñan por aquel entón.

martes, 17 de noviembre de 2015

Paseo da Seara

Morrazoaldia-O paseo de Seara esquivará as carpinterías de ribeira e as obras continuarán nos tramos paralizados.

Faro de Vigo-La comisión de seguimiento del Paseo de Seara opta por bordear las carpinterías.




Morrazoaldia-Moaña

O paseo de Seara esquivará as carpinterías de ribeira e as obras continuarán nos tramos paralizados

O Concello de Moaña remitirá a certificación das cesións dos terreos á Xunta. Quedan pendentes tres tramos diferenciados do paseo.

Boas vibracións na comisión de seguimento das obras do paseo de Seara. Esta mañá, reuníronse o director da obra, o representante de Portos e o arquitecto técnico municipal de Moaña para expoñer a situación actual da actuación e analizar as vías existentes. A obra do paseo de Seara está executada en diversos tramos, aínda que están pendentes de execución o tramo dous, onde se sitúan as carpinterías de ribeira, e os tramos cinco e seis, onde non se podían realizar as obras por imposibilidade de ocupar os terreos. O tramo cinco correspóndese á pasarela de madeira que bordea o club de xubilados e, aínda que esta zona si se podería executar, ao haber problemas co tramo seis e a cesión dos terreos, quedou bloqueada e pendente dunha posible solución.

Na comisión indicouse que se tomará unha “solución provisional” para a zona onde se sitúan os estaleiros. Para evitar tocar as infraestruturas, o trazado do paseo bordeará as carpinterías de ribeira, polo que parte da senda será por Concepción Arenal e, posteriormente, regresará á fronte marítimo. Esta forma de esquivar as carpinterías de ribeira permitiría ao executivo moañés continuar coa súa proposta de musealizar as estruturas para o seu posterior posta en valor. Con todo, reiteran que se trata dunha solución “provisional” ata que Costas responda á petición de crear un paseo que sobrevoe as carpinterías pola fronte costeira, aínda que esta aprobación ten que chegar desde Madrid.

Nos tramos cinco e seis, que afectan as zonas das cesións e ao tramo que abarca o club de xubilados, determinouse que o Concello debe enviar a certificación das cesións dos terreos á Xunta para poder continuar coa actuación. O representante do Concello lembrou que se trata de cesións definitivas de tres metros admitidas legalmente por Costas, que hai uns días confirmou ao edil de Urbanismo, Odilo Barreiro, que si estarían enmarcadas dentro da legalidade. Deste xeito, daríase luz verde á continuidade do paseo e avanzarían as obras no devandito tramo. “Quero lembrar que o único deber do Concello era poñer o terreo a disposición para a realización das obras, algo que o noso goberno fixo”, remarca Odilo Barreiro. Ademais, engadiu que as certificacións se enviarán á Xunta de xeito inmediato.

O edil confirma que esta nova reunión entre Concello, Portos de Galicia e Infraestruturas foi positiva, xa que “non se derruban as carpinterías de ribeira, non hai novas interrupcións non paseo da Seara nin hai que asumir o lucro cesante, senón que poderían rematarse as obras finalmente”.
Nov 16, 2015


lunes, 19 de octubre de 2015

Cadernas da historia Arte e oficio da Dorna

Xa se pode ver o documental Cadernas da historia Arte e oficio da Dorna do cal fixeramos a presentación dentro da semana de actividades da nosa  Xuntanza do 2014.

domingo, 18 de octubre de 2015

O bote Unicornio emborca en Cambados.

O bote Unicornio da Asociación A Torre de Cambados emborcou seguramente devido os fortes refachos de vento de onte a tarde.

Protección Civil, el barco hundido y los náufragos. // Muñiz

 Faro de vigo-Las aguas de A Toxa son escenario de un naufragio y un espectacular rescate.


La llegada del helicóptero Pesca I, mientras algunos de los náufragos permanecían sobre las rocas que se aprecian a la derecha. // Muñiz

jueves, 24 de septiembre de 2015

FGCMF- Premios da Cultura Galega 2015

A FGCMF foi galardoada dentro dos Premios da Cultura Galega 2015 na modalidade de Patrimonio Cultural. Un pequeno recoñecemento para o gran traballo que desenvolve a Federación e mais todos os colectivos  que a compoñen así como todas as persoas que levan traballando pola defensa do noso patrimonio Marítimo e Fluvial dende fai xa 22 anos.


A Lancha xeiteira Nova Marina nos Encontros de Ribeira no 1993 que deron lugar a FGCMF.


Patrimonio Cultural
"Na modalidade de Patrimonio Cultural, o xurado recoñeceu o traballo da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, que naceu en 1993 co obxectivo de defender, divulgar e dinamizar o patrimonio marítimo de Galicia, sobre todo no que atinxe ás embarcacións tradicionais. Precisamente, desde os seus inicios dedicou un importante traballo á recuperación de embarcacións e tipoloxías tradicionais, á realización de investigacións no eido patrimonial costeiro e marítimo, á realización de regatas e exhibicións conxuntas, e ao fomento do asociacionismo cultural nas vilas e lugares costeiros."

lunes, 7 de septiembre de 2015

Sueste na Feira Franca

Este  sábado estívemos na Feira Franca en Pontevedra,  na Praza da Ferrería, encadrados dentro da mostra de oficios tradicionais, levamos unha representación das principais ferramentas que se usan na carpintería de ribeira, medios cascos  e trazados dalgunhas embarcacións e  o bote Domaio que xa esta na súa ultima fase de restauración.


Así lucia nosa exposición a primeira hora.

miércoles, 2 de septiembre de 2015

"Los balleneros del Norte"

Serie de catro documentais emitidos pola TVE “Los balleneros del norte“, na que se recollen testemuños da historia da caza dos cetáceos no norte peninsular, o desenvolvemento da industrialización, a moratoria dos 80, e o legado etnográfico que permanece latente en tantos pobos costeiros do norte de España.


Buque baleeiro Southern Actor antigo Ibsa I hoxe no museo da balea na localidade norueguesa de Sandefjord.

  1. Una presencia perdida. A caza da balea, haberá quen se sorprenda, e unha escena frecuente nos escudos de algúns lugares de Galicia, Asturias ou Cantabria e de forma mais reiterada, unha referencia case constante nos escudos dos pobos costeiros Vascos.
  2. El territorio de la leyenda. A influencia da caza das baleas estendese a todo o Cantábrico creándose unha cultura común. En Cantabria e Asturias hai exemplos de todo tipo. Algúns pobos gardan vellas pegadas de forma case oculta.
  3. Tiempo de víctimas. A actividade baleeira volveu rexurdir no século XX en Galicia onde chegaron a funcionar tres factorías.
  4. Lo más parecido a un mundo ballenero. Cee, un pequeno lugar o sur de Fisterra foi sede dunha das factorías baleeiras, a vida da zona xiraba en torto a ela.