domingo, 3 de febrero de 2013

Sueste na prensa

No día de hoxe sae publicada unha reportaxe sobre as carpinterías de ribeira na Voz de Galicia para a cal estiveron facendo fotos hai uns días no estaleiro.


Voz de Galicia - Carpinteiros do Mar

sábado, 29 de diciembre de 2012

Socios de honra

Na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o día 17 de novembre de 2012, a Xunta Directiva da asociación propuxo nomear socios de honra a todos os socios fundadores de Sueste, definindo a estes como os que subscribiron a acta fundacional e os que posteriormente se sumaron ao proxecto Eliseo ata a data de 1 de decembro de 2005. Esta proposta foi aceptada polos asistentes en base ao grande interese e esforzo que estes membros da asociación realizaron para poder pór en marcha o Proxecto Eliseo.

jueves, 27 de diciembre de 2012

10 Anos de actividades 2003-2012



ACTIVIDADES REALIZADAS NOS ÚLTIMOS ANOS (2003-2012)

-          Colaboración co Concello de Moaña, Asociación de Naseiros, Asociación de Mexilloeiros, 
            Federación de Comerciantes de Moaña, Asociación de Mulleres, etc… na organización e posta en 
            marcha das Semana do Mar de Moaña dos anos 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010.

-          Colaboración co Concello de Moaña e outras asociacións e colectivos na posta en marcha da I  e II 
            Edición de Sabores da Ría, realizado en agosto de 2011 e 2012.

-          Organización da I, II, III, IV, V, VI, VII, VIII e IX Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de 
            Moaña, realizadas nos meses de agosto de 2004, 2005, 2006, 2007,  no peirao de Meira- Moaña, 
            e 2008, 2009, 2010, 2011 e 2012 no peirao da Mosqueira en Tirán - Moaña. Encontros cunhas 
            altas participacións de embarcacións e tripulantes.

sábado, 1 de diciembre de 2012

O Eliseo en San Adrián

Despois de un mes de moita chuvia o carpinteiro puido rematar os traballos no Eliseo, nun principio so era para reparar a regala na zona de popa pero despois dunha inspección decidimos cambiar dous banzos. E aproveitando o bo tempo hoxe fomos pintar a patente e darlle un lasur a cuberta.


domingo, 11 de noviembre de 2012

Estaleiro de San Adrián (Vilaboa)

O estaleiro de San Adrián onde se atopa o Eliseo, dende hai varios días, é coñecido polo estaleiro de Claudio. Podemos dar unha pequena referencia desta carpintaría de ribeira aportada pola filla do dono desta, Claudia Otero. A información é de primeira man, polo tanto poiderase ter en conta para calquera  outro traballo futuro.
Claudio Otero Vázquez comezou traballar con doce anos coma aprendiz de carpinteiro de ribeira no estaleiro de Enrique Ferradás de Domaio - Moaña.
No ano 1968, empezou a traballar pola súa conta.
No ano 1969, comprou o seu estaleiro aos herdeiros de "Collazo", que xa eran carpinteiros de ribeira. O estaleiro debe de ter máis de cen anos de antigüídade.
O sr. Otero xubilouse no ano 2002...
Hoxe en día é un dos poucos estaleiros de ribeira que segue en activo. Desexamos que, polo mínimo, sexa por outros tantos coma leva traballando.

sábado, 20 de octubre de 2012

O Eliseo en San Adrián



O Eliseo varouse no estaleiro de Claudio, rexentado actualmente por Vicente e Tito, en San Adrián de Cobres. Trasladouse o pasado luns día 15 para realizar unhas pequenas obras de mantemento y darlle patente ao barco. Estas obras realizáranse a medida que o tempo o permita, pois estes últimos días choveu demasiado e non puido secar o suficiente para pintalo.





sábado, 6 de octubre de 2012

Convocatoria de Asembleas

Están convocadas dúas asembleas: ordinaria e extraordinaria. Ao mesmo tempo, estamos organizando unha cea polo X Aniversario da Asociación Sueste.


ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


                        Día: 17 de novembro de 2012.

                        Lugar: Centro Cultural de Quintela.

                        Hora: 17,30 horas en primeira convocatoria

                                  17,45 horas en segunda convocatoria.

                        Orde do día:

                                  1º.- Lectura e aprobación, se procede da acta da reunión anterior.

                                  2º.- Aprobación, se procede, das contas de anos anteriores.

3º.- Nomeamento, se procede, de socios de honra a todos os socios fundadores da Asociación Sueste.

                       

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA


                        Día: 17 de novembro de 2012.

                        Lugar: Centro Cultural de Quintela.

                        Hora: Rematada a Asemblea Xeral Ordinaria.

                        Orde do día:

                                 1º.- Elección de Xunta Directiva.