Un ano despois do IX encontro voltamos a Muros invitados as XI Xornadas de cultura Mariñeira Muros mira ao mar. Foi una fin de semana cun amplo programa, variado e moi interesante. Navegación, exposicións, debates, artesanía, obradoiros, concursos, gastronomía, teatro, música, etc. cobren os días do evento.
martes, 13 de julio de 2010
martes, 29 de junio de 2010
Alternalia 2010
O pasado fin de semana celebrouse en Moaña a feira de bioconstrucción, enerxías renovables e ecoloxía, ALTERNALIA 2010.A feira contou coa participación de 35 expositores chegados de todo o pais. Nos estivemos alí a petición do Concello, colocamos a gamela na entrada da carpa no estand do Concello.
martes, 15 de junio de 2010
Traballos varios no galeón
Este fin de semana pasado tivemos o galeón varado diante do estaleiro. O motivo principal foi o aliñamento do motor que parecía terse movido un pouco, tamén aproveitamos para ver como quedaba a verga no barco así como para realizar outros traballos pendentes.
sábado, 5 de junio de 2010
Verga do Eliseo
Despois de dous sábados de traballo quedou lista a boca da verga, xa so falta darlle protección probala no barco.
sábado, 24 de abril de 2010
Preparando a verga
Con Ramonet xa traballando nas velas do galeón, nos temos que darnos presa para ter todo preparado para cando estean rematadas. Coa verga lista preparamos a "boca".
sábado, 10 de abril de 2010
Motóns (poleas) do Eliseo
Hoxe estibemos dándolle "chapapote" os motóns do Eliseo para que soporten mellor o paso do tempo cando estean pendurados do mastro.
domingo, 10 de enero de 2010
Memoria dos Oficios de Moaña
Veñen de ser subidos o You Tube unha serie de vídeos sobre a memoria dos oficios de Moaña. Son parte dun traballo de vídeos e proxectos levados a cabo pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información en Galicia nos anos 2007-2009.
Memoria dos Oficios de Moaña: As Carpinterías
Memoria dos Oficios de Moaña: As carreiras
Memoria dos Oficios de Moaña: As atadeiras
Memoria dos Oficios de Moaña: Toda unha vida nos estaleiros
Memoria dos Oficios de Moaña: Así se fixo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)